Aquí vos deixo o poema escrito polo poeta cervense Xacobo Casal, e no que tiven o pracer de porlle música. Unhas verbas prometidas dende hai un tempo, e que se fixeron realidade. Unhas verbas que sempre que poda interpretarei nos concertos, porque a ocasión o merece. Os soños son para que se cumpran. Gracias amigo.
........
Tremo de amor
de amor barro,
do barro medo
e do medo, a túa forma...
túa forma
onde Deus se contempla.
........
Tremo de amor
de amor, de amor auga,
da auga esperanza
e da esperanza, túa alma...
túa alma
onde o corpo se enreda.
........
Tremo de amor,
de amor, de amor terra,
da terra, nada,
da nada, a miña vida...
a miña vida
cruz onde a esperanza se queima...
luz e soño que ao medo condea.