miércoles, 13 de mayo de 2009

RETOMANDO

Despois de varios meses inactivo, ó que concertos se refire, retomo esos ambientes vitais. Estar cerca da xente, pasar un bo momento e disfrutar ó maximo da música. O próximo concerto será na Cervecería PIZZBUR, en Covas (Viveiro), o venres 19 de xuño. Onde estarán outros artistas, como é o caso do cantautor Ricardo Parada.
Todo este tempo que estiven un pouco afastado de concertos, servíronme para seguir escribindo e compoñendo novos temas. Esas emocións que nunca paran de visitarme, o amor e os consellos como temas principais. Cancións propias que veño tocando, como é o caso de "¿Por qué te vas?"ou "El momento forma parte del tiempo", súmase outras novas como "Carta a una reina maga", "En la oscuridad" ou "Generación 83". E onde tamén seguirei tocando versións de música de sempre. Polo tanto, ahí estou........."retomando".
PD: e dende este humilde espacio, recordar ó gran Antonio Vega. As súas melodías e letras sempre estarán presentes preto de min. Agradecer todo o que aportou, que non foi pouco.