Despois de varios anos de piano, e dunha experiencia non moi grata, en novembro de 2003, a música volve chamar ás miñas portas. E ausentado de dito arte, tomo a decisión de facer algo que nunca fixera ata o momento, coller unha guitarra. Ese son que penetraba no meu interior, díxome que había que facer algo. Os momentos, a guitarra, o lápiz e o papel fixéronse amigos íntimos. Unha fidelidade que hoxe sigue presente. A observación e a realidade son protagonistas nesta historia.
Ata que ese vinte de xaneiro de 2006 e con vintetrés primaveras; decido emprender unha viaxe, sabendo cal era o punto de partida, pero ignorando o destino. Escribindo no meu cuarto noite tras noite todas esas vivencias e ausencias que me rodean. E pouco a pouco funme introducindo no mundo da música de autor, e tocando por locais da provincia de Lugo como Viveiro, Burela, Pontenova ou Cervo, participando así nas veladas de teatro “EXPRESS-arte para xóvenes valores”en agosto de 2008.
Sabendo de antemán que era unha aposta arriscada, debido ó pouco tradicional que é o de escoitar música en directo nesta zona e compaxinalo, á súa vez, cos meus estudos de Maxisterio Infantil, decido emprender o camiño.
Nunca é tarde. Sempre é agora. Cada momento vivido, é un momento contado e que mellor que a través da música.
1 comentario:
Gustanme as fotos,son bonitas
Publicar un comentario