jueves, 17 de abril de 2008

NOTICIA en www.burelafs.org

Ramiro Chaves actúa en Viveiro o día 26
O polifacético speaker do Burela FS Pescados Rubén, Ramiro Chaves, continúa coa súa experiencia musical e no mes de abril ofrecerá un novo concerto.
Nesta ocasión, a actuación, en acústico e directo, do maxistral Ramiro é o sábado día 26 en Viveiro. O Café Calle de Cayuela, situado xusto ao lado da Casa do Concello de Viveiro, é o lugar escollido para a súa estrea na cidade do Landro. O concerto empeza ás 23:30 horas.
Ramiro Chaves quixo agradecer a oportunidade que “a xente de Calle de Cayuela me está a ofrecer, especialmente a Sol e Mónica. Agardo que a miña actuación sexa do agrado dos asistentes. Alí vos espero, nesta nova viaxe. É primavera”.

http://www.burelafs.org/noticias.php?id=1272


Mércores 9 de abril de 2008

1 comentario:

Unknown dijo...

Alégrome de que che vaia todo ben. Se podo estarei para verte tocar na miña terra. Moita sorte!!