martes, 18 de noviembre de 2008

RECORDOS DE COMPOSTELA

Fai arredor de catro anos, rematei os meus estudos de Animación Turística na capital galega, Santiago de Compostela. Á verdade é que foi un ano como a propia cidade, máxico. A choiva facía que a gran urbe compostelá se convertese en maxia. A auga correndo polas estreitas beirarrúas da zona vella, os soportais transformados en improvisados covertixos para pasar o trámite. As fontes cheas de auga, e os bares costentos protexéndose do caudal con tablas. A lúa iluminando a fachada da catedral.
Alí foi onde me din de conta porque esta cidade é especial. O porque o meu gusto pola música e e actuacións en directo, e pola improvisación. O certo é que a cultura que ten esta cidade non a ten ningunha outra, por iso ven "A cidade da cultura". E co paso do tempo, fun descubrindo novos lares onde poder pasar unha noite de marte ou mércores. E paseando e paseando con amigos pola zona vella atópome co Fuco-Lois, entro, a atópome cun trío que cantaba a Sabina, memorable. E saíndo, en fronte atópome co Fontesequelo. Non tiña nin a menor idea do que podía atopar no seu interior. A incertidume foi superior a min e entrei. E atópome cuns rapaces arxentinos, impresionantes, tocando blues, versións de cantautores latinoamericanos entre outros estilos. Noutras ocasións colliamos a rúa virxe da Cerca, e iamos ó Momo , e alí estaba o inconfundible Ricardo Parada cantando a Sabina e outros cantautores.
Pero non só na zona vella encontraba este tipo de actividades. Xa que os monólogos no Merliño, eran míticos. Porque un simple martes a finais de 2003, enfrente da miña vivenda, había un local con nome de estrada, "N VI". E acompañado por un bo amigo, baixamos aquela rampa pa coller a bifurcación para entrar no local, que caro nos custou pola cantidade de xente alí cogregada. Actuaba cun un tal Andrés Suárez, cun parecido físico considerable a Bustamante. Recordo que soaba moi ben. Podiámoslle pedir todo tipo de cancións, que el tocaba. Á verdade é que aquela actuación marcoume e ó memso tempo motivoume.
Poucos meses despois, outro mércores perdido, acércome ata "Fontesequelo", actuaba Andrés Suárez, hoxe en día un amigo. E resulta que era a súa derradeira actuación naquel entón, pola sinxela razón de que ía grabar o seu primeiro disco "De ida". Polo tanto aquí deixo un pequeno vídeo deste cantautor ferrolán, falando tamén desta pequena vila chamada Compostela.
É moi triste que estas costumes da música en directo se vaian difuminando, na suposta "cidade da cultura".

No hay comentarios: