martes, 20 de enero de 2009

CONCERTO NO "Bar Tsugar", VILLABLINO, LEÓN

O próximo 6 de febreiro parto cara terras leonesas. Será a primeira vez que toque fóra de Galicia. Un novo reto na miña vida. Endexamáis se me pasara pola mente, acompañado pola miña guitarra actuar fóra de terras galegas. Será concretamente no "BAR TSUGAR"en Villablino, na provincia de León, a partires das 23:30 da noite.
Seguramente o frío se meta no meu corpo e conxele o meu interior, pero o que é seguro é que non conxelará a miñas gañas e ilusión por emprender esta esperada viaxe xunto ó meu inseparable técnico de son José Manuel González "Chopi".
O concerto consistirá como veño facendo habitualmente. Tocarei cancións propias intercalándoas con versións actuais e dos anos 80 e 90. Espero que sexa do gusto dos asistentes.
E por suposto dar as gracias a unha persoa á que lle teño un cariño e aprecio enorme. A ti Maribel, por facer posible este concerto, por facer posible que despois de case cinco anos nos volvamos a ver. Por facer posible ensinar as miñas cancións fóra de Galicia. Gracias por esta oportunidade.
Un saúdo
Ramiro Chaves

No hay comentarios: