O pasado venres 21 de novembro estiven no Bar DKADA, en Covas (Viveiro). A incertidume do que alí podía pasar era espantosa. Era algo novo para mín. Porque nunca alí estivera. Nunca alí tocara. Pero a realidade foi outra. Teño que destacar sobre todo o ambiente do público alí presente, o seu óptimo comportamento e saber estar, por que se agradece moito a atención do público, deixando atrais o murmullo sempre inquietante. Porque é moi dificil escoitar cancións totalmente descoñecidas, que nunca se escoitaran, polo tanto dou as gracias pola atención prestada. Destacar tamén propio local, moi acolledor para este tipo de actividades e actuacións e cun decorado incrible. E como non, a Lema por apostar por min no día da inauguración da sala de concertos, gracias. Foi para min un privilexio ser o primeiro en deixar a miña firma no tablón das actuacións. Ó poeta cervense Xacobo Casal, por escribir ese poema tan íntimo e sentido como "Amor barro", o cal foi estreado este mesmo día. E finalmente agradecer o apoio de José Manuel González "Chopi" por facer que todo sonara perfecto. Gracias por todo a todos.
Fai arredor de catro anos, rematei os meus estudos de Animación Turística na capital galega, Santiago de Compostela. Á verdade é que foi un ano como a propia cidade, máxico. A choiva facía que a gran urbe compostelá se convertese en maxia. A auga correndo polas estreitas beirarrúas da zona vella, os soportais transformados en improvisados covertixos para pasar o trámite. As fontes cheas de auga, e os bares costentos protexéndose do caudal con tablas. A lúa iluminando a fachada da catedral.
Alí foi onde me din de conta porque esta cidade é especial. O porque o meu gusto pola música e e actuacións en directo, e pola improvisación. O certo é que a cultura que ten esta cidade non a ten ningunha outra, por iso ven "A cidade da cultura". E co paso do tempo, fun descubrindo novos lares onde poder pasar unha noite de marte ou mércores. E paseando e paseando con amigos pola zona vella atópome co Fuco-Lois, entro, a atópome cun trío que cantaba a Sabina, memorable. E saíndo, en fronte atópome co Fontesequelo. Non tiña nin a menor idea do que podía atopar no seu interior. A incertidume foi superior a min e entrei. E atópome cuns rapaces arxentinos, impresionantes, tocando blues, versións de cantautores latinoamericanos entre outros estilos. Noutras ocasións colliamos a rúa virxe da Cerca, e iamos ó Momo , e alí estaba o inconfundible Ricardo Parada cantando a Sabina e outros cantautores.
Pero non só na zona vella encontraba este tipo de actividades. Xa que os monólogos no Merliño, eran míticos. Porque un simple martes a finais de 2003, enfrente da miña vivenda, había un local con nome de estrada, "N VI". E acompañado por un bo amigo, baixamos aquela rampa pa coller a bifurcación para entrar no local, que caro nos custou pola cantidade de xente alí cogregada. Actuaba cun un tal Andrés Suárez, cun parecido físico considerable a Bustamante. Recordo que soaba moi ben. Podiámoslle pedir todo tipo de cancións, que el tocaba. Á verdade é que aquela actuación marcoume e ó memso tempo motivoume.
Poucos meses despois, outro mércores perdido, acércome ata "Fontesequelo", actuaba Andrés Suárez, hoxe en día un amigo. E resulta que era a súa derradeira actuación naquel entón, pola sinxela razón de que ía grabar o seu primeiro disco "De ida". Polo tanto aquí deixo un pequeno vídeo deste cantautor ferrolán, falando tamén desta pequena vila chamada Compostela.
É moi triste que estas costumes da música en directo se vaian difuminando, na suposta "cidade da cultura".
Novamente emprendo un novo camiño. Nesta ocasión e por segunda vez, á cidade do Landro. Será este venres 21 de novembro, a partires das 22:30 (hora aproximada), no novo BAR DKADA, en Covas, Viveiro (na recta de Cantarrana). Un concerto en acústico onde repasarei temas de sempre dos anos 80 e 90, e tamén interpretarei temas propios.
Polo tanto convídovos a dito evento. O calor que me ofrece o público asistente, é un bálsamo de confianza e cariño, alí vos espero.
Hai cousas ás que nunca lles debes dar un "NON" rotundo como resposta, porque sería absurdo. Sería ignorante pola miña parte. Porque tiven a sorte e a honra de recibir por escrito un poema do poeta cervense Xacobo Casal. O prometido é deuda, pero mellor tarde que nunca. E dende aquí quero agradecerlle a Xacobo esta oportunidade que me brinda de ramatar o vestido e este poema.
Unha persoa que dende 1998 non parou de colleitar éxitos no campo da poesía. Gañando os certames que cito a continuación:
-"Premios Literarios da Mariña", 1999. -"Premios Díaz Jácome de Poesía , 2004 e 2005.
E quedando en segundo lugar nos seguintes certames:
-"Premios Literarios da Mariña", 1998 e 2000.
- "Premio Literario Ánxel Casal" Concello de Santiago de Compostela no ano 2000.
-"Premio Díaz Jácome de Poesía", no ano 2003.
Polo tanto é un orgullo e un luxo poder contar coa colaboración de Xacobo Casal, e espero que pronto este poema se vexa reflexado e escoitado. Porque tamén se trata dun reto para mín de poder porlle música a un poema, e posteriormente de poder cantalo. Simplemente, moitas grazas amigo.
A noite non era a ideal para saír ó exterior. Pero o primeiro de novembro era día de concerto. Día de compartir un espazo común, de intercambiar verbas e emocións. E creo que así foi. A partir da medianoite todo se fixo posible. A choiva e o frío non foi quen de vencernos nesta pequena batalla. Todos colaboramos co noso alento melódico. Porque sen vós todo sería diferente. Xa non sería igual. Porque dende un primeiro momento setinme arroupado por toda esa xente alí presente. A cercanía e a canexión mutua convertéronse nas grandes protagonistas. O calor do público alí presente, fixo que esas case dúas horas pasaran coma dous segundos. Moitas grazas. Tamén dende este blog, quero agradecer ó KKUET Bar polo trato recibido en todo momento. Por brindarme esta segunda oportunidade. E por suposto, que me esquecín de citalo no concerto, darlle as grazas a José Manuel González "Chopi", por facer que ese son nítido se convertise en maxia para os/as alí presentes. Grazas por estar ahí amigo. Grazas tamén ó meu compañeiro e amigo Ramón González, por atreverse co pequeno reto que lle propuxen, dándolle un toque humorístico ó concerto . Noraboa. E o máis importante, grazas a ese público que me acompañou en todo momento. A eses familiares e amigos que alí estiveron. Grazas por cantar conmigo.
Despois de varios anos de piano, e dunha experiencia non moi grata, en novembro de 2003, a música volve chamar ás miñas portas. E ausentado de dito arte, tomo a decisión de facer algo que nunca fixera ata o momento, coller unha guitarra. Ese son que penetraba no meu interior, díxome que había que facer algo. Os momentos, a guitarra, o lápiz e o papel fixéronse amigos íntimos. Unha fidelidade que hoxe sigue presente. A observación e a realidade son protagonistas nesta historia.
Ata que ese vinte de xaneiro de 2006 e con vintetrés primaveras; decido emprender unha viaxe, sabendo cal era o punto de partida, pero ignorando o destino. Escribindo no meu cuarto noite tras noite todas esas vivencias e ausencias que me rodean. E pouco a pouco funme introducindo no mundo da música de autor, e tocando por locais da provincia de Lugo como Viveiro, Burela, Pontenova ou Cervo, participando así nas veladas de teatro “EXPRESS-arte para xóvenes valores”en agosto de 2008.
Sabendo de antemán que era unha aposta arriscada, debido ó pouco tradicional que é o de escoitar música en directo nesta zona e compaxinalo, á súa vez, cos meus estudos de Maxisterio Infantil, decido emprender o camiño.
Nunca é tarde. Sempre é agora. Cada momento vivido, é un momento contado e que mellor que a través da música.