domingo, 30 de diciembre de 2007

SÓ TEÑO BOAS PALABRAS

Impresionante o trato que recibín na miña visita á Pontenova. Incrible. Dende o primeiro momento en cheguei ata o ultimo minuto da miña estancia, todo foi inesquecible. Sempre terei esta data na miña memoria. O ambiente, a xente, os camareiros sodes uns auténticos cracks.
Agradecer especialmente A Daniel Moirón (gracias por todo tio) e a Choli (éres un tio impresionante) por preocuperse de que tivera sempre o vaso cheo, a Kiko (un tio esquisito e digno de coñecer), gracias polo chicles e polas bandexas de comida tan boa. Ó maravilloso público que tedes, merecedes moito a pena, e en xeral a todos os que fixeron posible este concerto con Andrés Suárez. Gracias tamén ó propio Andrés por prestarme o equipo. Gracias a todos, e que teñades un bo ano. Nunca esquecerei esta data.
Un saúdo dun de Cervo.

viernes, 28 de diciembre de 2007

CONCERTO NA PONTENOVA


Este sábado 29 de decembro dou un concerto no Bar Puente, A Pontenova. Non é un concerto calquera, xa que comparto escenario co cantautor ferrolán Andrés Suárez, o cal é unha honra para min. Creo que é unha boa forma de despedir o ano que facendo algo que che gusta, e aínda que os nervos perduren en ti, non hai mellor forma que expulsalos mediante cancións e acordes.


Invito a toda a xente que poida acudir a esta cita tan importante para min, xa que non sempre sen ten a sorte e o privilexio de tocar con algúen como Andrés Suárez.


Por outra banda agradecer de antemán a Daniel Moirón e ó Bar Puente por facer posible este concerto. Por darme a oportunidade de compartir escenario cun grande da música de autor. A Félix Basanta "Bassy", por compartir conmigo a todo tipo de material, a José Manuel González "Chopy", por apoiarme en todo momento a dar este paso. A Senén Rouco e a Xacobo Casal por crear este blog. E a todos os que me animaron e animan a comezar neste mundillo. Gracias a todos.