lunes, 29 de diciembre de 2008

PRIMEIRO ANIVERSARIO

O pasado 27 de decembro, este blog cumpreu o seu primeiro ano de vida. Todo naceu porque os meus compañeiros un ano antes crearan un propio, e ó cal tamén pertenzo. Naquel intre escoitei polo fondo...¿e por qué non creas un teu?, e foi o gran Senén Rouco o artífice de que este humilde espacio tomara vida. Nunha simple tarde de café, "MOMENTOS" comezaba a súa andaina.
Polo tanto quero agradecer a toda esa xente que tivo a amabilidade e a curiosidade de vistar dito blog, de deixar os seus comentarios, de dar a súa opinión na enquisa, de ver os vídeos ou simplemente de pinchar a dirección para que o número de visitas aumentase, que iso sempre quede ben. Que neste próximo ano que entra, espero que as noticias non paren de publicarse. E espero que este blog cumpra moitos anos máis. Que a humildade e a honestidade esteña por enrriba de todo. Que cada experiencia vivida a poida compartir con todos os que visitan o blog. Porque como soio dicir....."NUNCA É TARDE, SEMPRE É AGORA...CADA MOMENTO VIVIDO, É UN MOMENTO CONTADO".
Un saúdo
Ramiro Chaves

miércoles, 17 de diciembre de 2008

FOTOS CONCERTO "KKUET Bar", Burela 13 de decembro.

Aquí vos deixo algunha das fotos do concerto do sábado 13 de decembro no KKUET Bar, en Burela. Celebrando así o 2º aniversario do local.

lunes, 15 de diciembre de 2008

...A JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ "Chopi"


O pasado sábado 13 de decembro estiven no KKUET Bar, en Burela; celebrando así o 2º aniversario do local. E polo tanto, en primeiro lugar volver a agradecer a confianza que depositaron en min para esa data tan sinalada.
En segundo lugar, adícolle este artigo a unha persoa que esta sempre ó meu lado concerto tras concerto. Porque sin el, eu non cumpriría moitas das ilusións que tiña e aínda teño. Pola seguridade que me aporta , pola confianza que teño despositada, pola súa sinceridade e pola gran disposición que ten para calquera proposta que lle fago. Nunca ten un "non" como resposta.

Estou a falar de José Manuel González, máis coñecido por "Chopi". O encargado de que todo soe perfecto. E tamén un gran percusionista, acompañándome nun tema o pasado sábado coa caixa. Gracias amigo por estar sempre ahí, e espero que aínda nos queden moitos quilómetros por percorrer.
con Chopi á caixa


viernes, 12 de diciembre de 2008

FOTOS DO CONCERTO "Bar DKADA", Covas (Viveiro) 21 de novembro



Fotos de diferentes momentos do concerto no Bar DKADA en Covas (Viveiro), o pasado 21 de novembro.

martes, 2 de diciembre de 2008

VOLVO Ó "KKUET BAR"

Asi é. Volvo ó KKUET BAR. Será o próximo sábado día 13 decembro a partir das 12 da noite. Será xa a terceira vez que esteña neste local tan especial para min. Considerándoo como a miña casa. Porque xusto este mesmo día, cumprirase un ano da miña primeira actuación no local. E imos pola terceira. Polo tanto grazas anticipadas a Iván por confiar en min.
É certo que non fai moito, estiven tocando alí mesmo. Polo tanto levarei na miña guitarra novos temas que vos fagan disfrutar e cantar, cancións que estrearei porque a ocasión o merece. Un poema titulado "Amor barro", composto polo poeta cervense Xacobo Casal, será un deles. Para mín é un luxo e unha honra poder interpretar letras deste compañeiro e amigo.
Que o frío non sexa un impedimento. É nadal. Un saúdo.
Ramiro Chaves

viernes, 28 de noviembre de 2008

ACTUACIÓN NO "Bar DKADA"

O pasado venres 21 de novembro estiven no Bar DKADA, en Covas (Viveiro). A incertidume do que alí podía pasar era espantosa. Era algo novo para mín. Porque nunca alí estivera. Nunca alí tocara. Pero a realidade foi outra.
Teño que destacar sobre todo o ambiente do público alí presente, o seu óptimo comportamento e saber estar, por que se agradece moito a atención do público, deixando atrais o murmullo sempre inquietante. Porque é moi dificil escoitar cancións totalmente descoñecidas, que nunca se escoitaran, polo tanto dou as gracias pola atención prestada. Destacar tamén propio local, moi acolledor para este tipo de actividades e actuacións e cun decorado incrible. E como non, a Lema por apostar por min no día da inauguración da sala de concertos, gracias. Foi para min un privilexio ser o primeiro en deixar a miña firma no tablón das actuacións. Ó poeta cervense Xacobo Casal, por escribir ese poema tan íntimo e sentido como "Amor barro", o cal foi estreado este mesmo día. E finalmente agradecer o apoio de José Manuel González "Chopi" por facer que todo sonara perfecto. Gracias por todo a todos.

Un saúdo, Ramiro Chaves

miércoles, 26 de noviembre de 2008

LETRA CANCIÓN "¿Por qué te vas?

UN TEMA PARA UN SER QUERIDO, SEMPRE ESTARÁS DENTRO DE MIN.

¿POR QUÉ TE VAS?

¿Por qué te vás?
No entiendo, ¿por qué te vás?
Los caminos se han vuelto desiertos,
y los árboles lloran tu ausencia.

¿En donde estás?,
quiero saber, ¿en donde estás?.
No sé cuando, pero te iré a buscar.

Aquellas mañanas,
el sol te veía despertar.
y al salir por la puerta de la vida,
rezabas tu oración cada día.
rezabas tu oración cada día.

Los días de lluvia,
volaba tu melodía de la alegría.
Volaba tu melodía de la alegría.

¿Por qué te vás?
No entiendo, ¿por qué te vás?
Los caminos se han vuelto desiertos,
y los árboles lloran tu ausencia. (x2)

¿Por qué te vás? (x3)



jueves, 20 de noviembre de 2008

martes, 18 de noviembre de 2008

RECORDOS DE COMPOSTELA

Fai arredor de catro anos, rematei os meus estudos de Animación Turística na capital galega, Santiago de Compostela. Á verdade é que foi un ano como a propia cidade, máxico. A choiva facía que a gran urbe compostelá se convertese en maxia. A auga correndo polas estreitas beirarrúas da zona vella, os soportais transformados en improvisados covertixos para pasar o trámite. As fontes cheas de auga, e os bares costentos protexéndose do caudal con tablas. A lúa iluminando a fachada da catedral.
Alí foi onde me din de conta porque esta cidade é especial. O porque o meu gusto pola música e e actuacións en directo, e pola improvisación. O certo é que a cultura que ten esta cidade non a ten ningunha outra, por iso ven "A cidade da cultura". E co paso do tempo, fun descubrindo novos lares onde poder pasar unha noite de marte ou mércores. E paseando e paseando con amigos pola zona vella atópome co Fuco-Lois, entro, a atópome cun trío que cantaba a Sabina, memorable. E saíndo, en fronte atópome co Fontesequelo. Non tiña nin a menor idea do que podía atopar no seu interior. A incertidume foi superior a min e entrei. E atópome cuns rapaces arxentinos, impresionantes, tocando blues, versións de cantautores latinoamericanos entre outros estilos. Noutras ocasións colliamos a rúa virxe da Cerca, e iamos ó Momo , e alí estaba o inconfundible Ricardo Parada cantando a Sabina e outros cantautores.
Pero non só na zona vella encontraba este tipo de actividades. Xa que os monólogos no Merliño, eran míticos. Porque un simple martes a finais de 2003, enfrente da miña vivenda, había un local con nome de estrada, "N VI". E acompañado por un bo amigo, baixamos aquela rampa pa coller a bifurcación para entrar no local, que caro nos custou pola cantidade de xente alí cogregada. Actuaba cun un tal Andrés Suárez, cun parecido físico considerable a Bustamante. Recordo que soaba moi ben. Podiámoslle pedir todo tipo de cancións, que el tocaba. Á verdade é que aquela actuación marcoume e ó memso tempo motivoume.
Poucos meses despois, outro mércores perdido, acércome ata "Fontesequelo", actuaba Andrés Suárez, hoxe en día un amigo. E resulta que era a súa derradeira actuación naquel entón, pola sinxela razón de que ía grabar o seu primeiro disco "De ida". Polo tanto aquí deixo un pequeno vídeo deste cantautor ferrolán, falando tamén desta pequena vila chamada Compostela.
É moi triste que estas costumes da música en directo se vaian difuminando, na suposta "cidade da cultura".

lunes, 17 de noviembre de 2008

CONCERTO NO "BAR DKADA"

Novamente emprendo un novo camiño. Nesta ocasión e por segunda vez, á cidade do Landro. Será este venres 21 de novembro, a partires das 22:30 (hora aproximada), no novo BAR DKADA, en Covas, Viveiro (na recta de Cantarrana). Un concerto en acústico onde repasarei temas de sempre dos anos 80 e 90, e tamén interpretarei temas propios.
Polo tanto convídovos a dito evento. O calor que me ofrece o público asistente, é un bálsamo de confianza e cariño, alí vos espero.


Un saúdo.

lunes, 10 de noviembre de 2008

UNHA COLABORACIÓN DE LUXO

Hai cousas ás que nunca lles debes dar un "NON" rotundo como resposta, porque sería absurdo. Sería ignorante pola miña parte. Porque tiven a sorte e a honra de recibir por escrito un poema do poeta cervense Xacobo Casal. O prometido é deuda, pero mellor tarde que nunca. E dende aquí quero agradecerlle a Xacobo esta oportunidade que me brinda de ramatar o vestido e este poema.
Unha persoa que dende 1998 non parou de colleitar éxitos no campo da poesía. Gañando os certames que cito a continuación:

-"Premios Literarios da Mariña", 1999.
-"Premios Díaz Jácome de Poesía , 2004 e 2005.
E quedando en segundo lugar nos seguintes certames:

-"Premios Literarios da Mariña", 1998 e 2000.
- "Premio Literario Ánxel Casal" Concello de Santiago de Compostela no ano 2000.
-"Premio Díaz Jácome de Poesía", no ano 2003.
Polo tanto é un orgullo e un luxo poder contar coa colaboración de Xacobo Casal, e espero que pronto este poema se vexa reflexado e escoitado. Porque tamén se trata dun reto para mín de poder porlle música a un poema, e posteriormente de poder cantalo. Simplemente, moitas grazas amigo.

lunes, 3 de noviembre de 2008

PRIMEIRO DE NOVEMBRO

A noite non era a ideal para saír ó exterior. Pero o primeiro de novembro era día de concerto. Día de compartir un espazo común, de intercambiar verbas e emocións. E creo que así foi. A partir da medianoite todo se fixo posible. A choiva e o frío non foi quen de vencernos nesta pequena batalla. Todos colaboramos co noso alento melódico. Porque sen vós todo sería diferente. Xa non sería igual. Porque dende un primeiro momento setinme arroupado por toda esa xente alí presente. A cercanía e a canexión mutua convertéronse nas grandes protagonistas. O calor do público alí presente, fixo que esas case dúas horas pasaran coma dous segundos. Moitas grazas.
Tamén dende este blog, quero agradecer ó KKUET Bar polo trato recibido en todo momento. Por brindarme esta segunda oportunidade. E por suposto, que me esquecín de citalo no concerto, darlle as grazas a José Manuel González "Chopi", por facer que ese son nítido se convertise en maxia para os/as alí presentes. Grazas por estar ahí amigo. Grazas tamén ó meu compañeiro e amigo Ramón González, por atreverse co pequeno reto que lle propuxen, dándolle un toque humorístico ó concerto . Noraboa. E o máis importante, grazas a ese público que me acompañou en todo momento. A eses familiares e amigos que alí estiveron. Grazas por cantar conmigo.

Un saúdo


Ramiro Chaves

martes, 14 de octubre de 2008

PRÓXIMA ESTACIÓN.......KKUET

Despois dun tempo, un tanto ausente, volvo a emprender o camiño. Con gañas de ofrecer algúns dos meus momentos ó longo deste ano. Momentos que transportei a un papel en branco. Verbas de recordo, de nostalxia, de tristeza e ledicia. Verbas ficiticias que a oscuridade me implantou a escribilas.
Polo tanto o vindeiro día 1 de novembro, espérovos no Pub KKUET en Burela, a partir da medianoite. Onde tocarei temas propios e versións de sempre. Onde tamén aproveito para , que dende este humilde rincón, como é este blog, fomentar a música en directo nos locais da nosa zona. Xa sexa música de autor, jazz ou folk. Creo que é moi gratificante escoitar música en directo. Entrar no teu local e ver algo diferente.
Para rematar, espero que respondades como da outra vez, aquel 8 de decembro. Unha data que sempre levarei na miña un memoria. Cada momento vivido, é un momento contado. E esa noite pode ser un bo momento para compartir.
Un saúdo
PD: agradecer de antemán esta nova oportunidade que me brinda o Pub KKUET.

lunes, 29 de septiembre de 2008

META MARCADA

Cando se ten unha necesisidade, na medida do posible, creo que hai satisfacela. Neste caso trátase dunha necesidade a través da palabra.
Uns din que setembro é un mes triste, aburrido. Outros simplemente din que é un mes máis nas nosas vidas. É certo. Afortunadamente temos o pracer de poder vivilo, de contemplalo. Setembro está a piques de rematar. Está chegando ó seu fin, á súa morte momentánea. Pero en realidade, para seren 30 días un tanto particulares, deron para moitas cousas. Unha delas para reflexar nun papel en branco, algo que non soio facer. Plasmar algo que ó mellor nin se cumpre, nin chega ó seu inicio. Plasmar un momento da miña vida, unha meta, que quizais a timidez ou mesmo a ignorancia mo impidira fecer a través da realidade. Porque un momento forma parte do tempo. Un segundo, un só minuto ou mesmo unha hora, dan para moito. Polo tanto a través dunhas verbas naceu, "El momento forma parte del tiempo". Un tema escrito neste mes de setembro é ó que lle teño un importante aprecio. No que hai unha meta marcada, un soño. Pode que non se cumpra nun primeiro momento, incluso tampouco nun segundo. Pero a posibilidade de que se cumpra nun terceiro, quizais sexa maior. O pesimismo é un prezo moi caro que pode pasar factura. O optimismo é gratuito. Como un deserto azul.
A tempestade debe quedar atrais, no olvido. Un novo amencer será o que ilumine o camiño marcado, que me apee na estación correcta. Como un cometa que lle da luz ó meu interior.

miércoles, 3 de septiembre de 2008

HISTORIA DE AMOR EN UN CHAT

Deixando por un momento á parte a melancolía e a sensibilidade, introduzome de cheo no mundo "friki". Pero unha frikada un tanto real. Pola sinxela razón de que está presente nos nosos días. Vive con nós. Historias de amor un tanto particulares peculiares e reais ó mesmo tempo. Amores que nacen e desaparecen a través de internet. Esta maxia internauta que nos permite coñecer novos mundos, e xente diferente. Pois deso trata este tema. Unha parella que se reencontra nun chat. Un amor que nace a través dun teclado de computadora. Unha amor que se transmite a través dunha pantalla. Unha paranoia da realidade. Unha historia de amor en un chat.

Un saúdo.

viernes, 29 de agosto de 2008

SER PEQUEÑO

Este tema, cantado nas veladas de teatro EXPRESS-arte, vai adicado a tódolos nenos e nenas de EDUCACIÓN INFANTIL do C.E.I.P. de Cervo. Por facerme disfrutar. Por deixarme entrar nese universo de soños. Por brindarme esa maxia que levan dentro das súas almas. Dinme conta que non hai cousa máis fermosa no mundo como ser un neno. Pra todos eles estas verbas. Unha aperta.

¿POR QUÉ TE VAS?

Novamente colgo este video. Creo que ten un son mais nítido. Perdoen as molestias.

lunes, 11 de agosto de 2008

VOLVEMOS ó "CASETO DE COPA"



Un ano máis, e nunha noite de agosto en Cervo, o Café-Pub "Caseto de Copa"; alvergará unha noite máxica. Onde a música e o disfrute serán os grandes protagonistas. Nesta ocasión o venres 22 de agosto (previo día á XXX Queimada Popular) a partir das 0:00 da noite e en dito local, haberá concerto dobre. Nun primeiro pase actuarán un ano máis os cantautores Daniel Ara e Ramiro Chaves; con algún que outro invitado. Posteriormente e como prato forte, actuará o cantautor ferrolán Andrés Suárez, presentando así o seu novo disco "Maneras de romper una ola", sendo a terceira vez que visita o pobo cervense e dos que ten moi bos recordos. Unha persoa que ven de dar a coñecer o seu traballo por toda España (Canarias, Madrid, Cataluña ou Andalucía). E que volve a Cervo, nunha noite do mes de agosto.

Polo tanto amigos/as, espero a vosa presenza. Unha noite no mes de agosto en Cervo, é dificil de esquecer. Grazas.

Un saúdo

jueves, 7 de agosto de 2008

"POR QUÉ TE VAS", Cervo

Este tema "Por qué te vas", que cantei nas veladas de teatro, EXPRESS-arte, o pasado xoves 31 de xullo, son unhas verbas que lle adiquei con todo o meu cariño e recordo ó meu avó. Alguén que xa non está preto de min. Sempre estarás na miña memoria.

lunes, 28 de julio de 2008

CONCERTO NAS VELADAS DE TEATRO


Este xoves día 31 de xullo a partir das 21:30, un tren que apéame en Cervo, na Praza do Souto. Un tren que me brinda a oportunidade de tocar e cantar en solitario, no meu pobo. Un día no que podo amosar letras e acordes que ata o momento non fixen. Cancións que nunca interpretei. E espero que neses quince minutos que vou estar encima do céntrico escenario cervense, sexan do agrado de toda a xente presente.
Neste día, tocarei aproximadamente catro temas propios, que foron escritos ó longo deste ano. Cancións de recordo, cancións de vivencias propias que nunca esquecerei, cancións de amor. Porque como dixo no seu momento un dos meus cantautores por excelencia, "Alguén que escribe cancións, o amor sempre está presente".
Polo tanto amigos, alí vos espero, o xoves 31 de xullo na Praza do Souto en Cervo. Un saúdo
Grazas e parabéns para toda esa xente que tivo esta idea e esta iniciativa.

domingo, 6 de julio de 2008

EXPRESS-ARTE



No ano do seu décimo aniversario, o grupo de teatro O Bordelo, coñecedor das dificultades e das poucas oportunidades que atopan na Mariña aquelas personas creativas para dar a coñecer os seus traballos ,decidiu abrir unha pequena ventá chamada EXPRESS-arte que se rexirá polas seguintes BASES:

1.- Poderán participar de xeito individual ou colectivo
aquelas personas que desexen amosar o seu traballo
artístico-creativo.
2.- O tempo máximo concedido será de 15 minutos.
3.- As actuacións serán os días 30 e 31 de Xullo e os días 1
2 e 3 de Agosto na Praza do Souto de Cervo, no
escenario habilitado para as VIII VELADAS NO
SOUTO, antes das representacións teatrais establecidas.
4.- Para inscribirse : chamar os teléfonos de contacto deste
blog ou escribir un e-mail a: franpigon@gmail.com
5.- Existirá unha comisión encargada de seleccionar os
espectáculos.
6.- A organización encárgarase dos preparativos necesarios .

lunes, 16 de junio de 2008

QUEN PUIDERA NAMORALA

Aquí vos deixo un vídeo da nosa querida e apreciada terra como é Galicia. Ó mesmo tempo vai acompañado dun fermoso poema de Álvaro Cunqueiro, interpretado por Luis Emilio Batallán, "quen puidera namorala". Creo que a canción galega está un pouco en decadencia dende fai uns anos. E nunca está demais recuperala pouco a pouco. Espero que vos guste, e algún/a lle entre a morriña.

martes, 6 de mayo de 2008

GRAZAS A "CALLE DE CAYUELA"

SÁBADO 26 DE ABRIL
En primeiro lugar, volver a das a s grazas polo trato recibido pola xente de "Calle de Cayuela", foi un día especial e foi un concerto especial. Era primeira vez que tocaba na cidade do Landro. E teño que dicir que en todo momento sentínme arroupado por toda aquela xente que estivo alí presente. Grazas por acompañarme, por cantar conmigo esas cancións que nos traen tantos recordos. Por formar parte de min e do propio concerto. Espero que non sexa a primeira nin a derradeira vez que toque nese local tan acolledor.
Novamente grazas a José Manuel González "Chopi" (chico para todo), por aturarme unha noite máis.
E como suelo dicir, foi outra viaxe inolvidable. Grazas e un saúdo.

jueves, 17 de abril de 2008

NOTICIA en www.burelafs.org

Ramiro Chaves actúa en Viveiro o día 26
O polifacético speaker do Burela FS Pescados Rubén, Ramiro Chaves, continúa coa súa experiencia musical e no mes de abril ofrecerá un novo concerto.
Nesta ocasión, a actuación, en acústico e directo, do maxistral Ramiro é o sábado día 26 en Viveiro. O Café Calle de Cayuela, situado xusto ao lado da Casa do Concello de Viveiro, é o lugar escollido para a súa estrea na cidade do Landro. O concerto empeza ás 23:30 horas.
Ramiro Chaves quixo agradecer a oportunidade que “a xente de Calle de Cayuela me está a ofrecer, especialmente a Sol e Mónica. Agardo que a miña actuación sexa do agrado dos asistentes. Alí vos espero, nesta nova viaxe. É primavera”.

http://www.burelafs.org/noticias.php?id=1272


Mércores 9 de abril de 2008

viernes, 4 de abril de 2008

Concerto no " CAFÉ CALLE DE CAYUELA", en Viveiro



Comunicarvos que o sábado 26 de abril, dou un concerto en acústico e en directo, no "Café Calle de Cayuela", en Viveiro. Para aquelas persoas que non teñan constancia onde está ubicado o local, concretamente está pegado á Casa do Concello de Viveiro, na Praza Maior.

Por outra banda agradecer de antemán á xente de "Calle de Cayuela", Sol e Mónica esta chamada tan importante para min. Xa que en enfrente terei un público totalmente descoñecido para min... ou eso espero. O concerto comezará a partir das 23:30 da noite. Alí vos espero, nesta nova viaxe. É primavera

Un saúdo.

martes, 4 de marzo de 2008

miércoles, 27 de febrero de 2008

martes, 26 de febrero de 2008

sábado, 23 de febrero de 2008

PRESENTACIÓN Bar-Pub "CASETO DE COPA", Cervo

Un novo momento, neste caso compartido. E compartido co resto da banda que posteriormente presentarei. Aquel 18 de agosto no Caseto de Copa, á 1 da noite, sempre perdurará no noso recordo. Un grupo improvisado, decide que a noite cervense non tivera fin. E así o intentamos. Buscamos un nome tamén improvisado, e saiu "Chopy´s Band". E a tocar. Aquela banda estaba formada por:

VOZ e GUITARRA ACÚSTICA: Daniel Ara
VOZ e GUITARRA CLÁSICA: Ramiro Chaves
BAIXO: Félix Basanta, "Bassy"
CHELO: Mónica Jorquera
BATERÍA: José Manuel González, "Chopy"
FRAUTA MADEIRA: Ana Vizcaíno
SON: José Manuel González ,"Chopy"

E como artista invitada, Miriam Sanz.


martes, 19 de febrero de 2008

PRESENTACIÓN KKUET, Burela

Ultimamente estou activo. Polo tanto déixovos algún que outro momento da miña actuación no Pub KKUET de Burela, o pasado 8 de decembro. Acompañado por José Manuel González "Chopy", tanto ó son, coma nun tema do concerto, á percusión. Espero que vos guste. Grazas

lunes, 18 de febrero de 2008

PRESENTACIÓN PONTENOVA

Aquí deixo momentos do concerto que din no Bar Puente na Pontenova o pasado 29 de decembro. Foi unha noite un tanto especial, xa que comapartín escenario co cantautor ferrolán Andrés Suarez. E estiven arroupadopor un maravilloso público, ó cal estou moi agradecido. Espero que vos guste. Grazas.

NOVAS FOTOS

viernes, 11 de enero de 2008

FOTOS DE CONCERTOS

Aquí vos deixo algunhas das fotos dos diferentes concertos que fun dando. No Bar Puente da Pontenova con Andrés Suárez, No Pub KKUET de Burela, no Rincón do 10 tamén en Burela ou no Caseto de Copa, en Cervo, con Daniel Ara. Non sei como sairán pero espero que vos molen. Un saúdo

martes, 8 de enero de 2008

CONCERTO NO CASETO DE COPA



Venres 17 de agosto de 2007, a unha da noite, había que facer festa, era algo obrigatorio. Polo tanto decidimos un ano máis realizar un novo concerto improvisado no Caseto de Copa. E esta vez con máis integrantes, como por exemplo Daniel Ara (guitarra e voz), José Manuel González "Chopy" (batería), Félix Basanta "Bassy" (baixo), Mónica Jorquera (chelo) e Ramiro Chaves un servidor (Guitarra e voz). E esta cancíón que soa malamente neste vídeo, non é outra que unha versión de Fito, "Soldadito Marinero", un pouco ó trantran e cun toque persoal.