viernes, 30 de enero de 2009

"Amor barro", por XACOBO CASAL

Aquí vos deixo o poema escrito polo poeta cervense Xacobo Casal, e no que tiven o pracer de porlle música. Unhas verbas prometidas dende hai un tempo, e que se fixeron realidade. Unhas verbas que sempre que poda interpretarei nos concertos, porque a ocasión o merece. Os soños son para que se cumpran. Gracias amigo.
........
Tremo de amor
de amor barro,
do barro medo
e do medo, a túa forma...
túa forma
onde Deus se contempla.
........
Tremo de amor
de amor, de amor auga,
da auga esperanza
e da esperanza, túa alma...
túa alma
onde o corpo se enreda.
........
Tremo de amor,
de amor, de amor terra,
da terra, nada,
da nada, a miña vida...
a miña vida
cruz onde a esperanza se queima...
luz e soño que ao medo condea.

martes, 20 de enero de 2009

CONCERTO NO "Bar Tsugar", VILLABLINO, LEÓN

O próximo 6 de febreiro parto cara terras leonesas. Será a primeira vez que toque fóra de Galicia. Un novo reto na miña vida. Endexamáis se me pasara pola mente, acompañado pola miña guitarra actuar fóra de terras galegas. Será concretamente no "BAR TSUGAR"en Villablino, na provincia de León, a partires das 23:30 da noite.
Seguramente o frío se meta no meu corpo e conxele o meu interior, pero o que é seguro é que non conxelará a miñas gañas e ilusión por emprender esta esperada viaxe xunto ó meu inseparable técnico de son José Manuel González "Chopi".
O concerto consistirá como veño facendo habitualmente. Tocarei cancións propias intercalándoas con versións actuais e dos anos 80 e 90. Espero que sexa do gusto dos asistentes.
E por suposto dar as gracias a unha persoa á que lle teño un cariño e aprecio enorme. A ti Maribel, por facer posible este concerto, por facer posible que despois de case cinco anos nos volvamos a ver. Por facer posible ensinar as miñas cancións fóra de Galicia. Gracias por esta oportunidade.
Un saúdo
Ramiro Chaves

lunes, 19 de enero de 2009

Concerto de ANDRÉS SUÁREZ no CLAVICÉMBALO

Esta semana, recibín un correo dun compañeiro chamado Andrés Suárez. Comunicándome do seu próximo concerto en terras galegas. Debido á súa apretada xira e á súa estancia en París durante unha semana, pideume o favor se lle podía botar unha man promocionando o seu próximo concerto na capital lucense. Por suposto encatado da vida. E polo tanto...
O próximo Sábado 24 de xaneiro, o cantautor Andrés Suárez toca na sala Clavicémbalo de Lugo(c/paxariños 23) a las 22:00h. Para él, "un dos millores locais para tocar en directo". En Febreiro volve a Santiago de Compostela, o día 12 no café bar Hexágono. "Xa era hora", afirma o cantautor ferrolán. E remata dicindo, " Oxalá nos vexamos". Pásate
Saúde
www.myspace.com/andressuarezautor (cambios)

miércoles, 7 de enero de 2009

RAMIRO CHAVES CON CHOPI´S BAND

Buscando no recordo, aquí vos deixo un vídeo de agosto de 2007. Un tema de Fito & Fitipaldis, "Soldadito marinero". Tiven o placer de tocar cuns amigos. Daniel Ara, Felix Basanta "Bassi", José Manuel González "Chopi" e Mónica Jorquera. Como poderedes comprobar na segunda parte da canción os cambios de ritmo son impresionantes. Gran noite de agosto.

viernes, 2 de enero de 2009

LETRA "El momento forma parte del tiempo"

AQUI VOS DEIXO UN DOS ÚLTIMOS TEMAS QUE ESCRIBÍN. NUNCA SE DEBE PERDER A ESPERANZA, OS OBXETIVOS SON PARA CUMPRILOS TARDE..... OU CEDO. UN SAÚDO.

Quizás parezca una utopía,
pero la realidad es la siguiente.
...
Es cierto que el tiempo ha pasado,
en los que hubo momentos,
en los que te hablo o no te hablo.
...
No puede ser verdad,
esa no era la pauta marcada.
Ya que tus palabras volaban y penetraban en mí,
como un cometa iluminando mi alma.
...
La incertidumbre se apoderaba del camino recto,
y me preguntaba cual sería el trayecto.
Lo blanco pasaba a ser negro (bis).
...
El momento forma parte del tiempo,
el que me hacer sufrir
el que me hace soñar.
Pero cuendo te veo, sólo pienso, sólo pienso...
Te quiero, te quiero....te quiero. (Bis x2).
Ramiro Chaves