viernes, 13 de marzo de 2009

VERSIÓN SABINERA

Aquí vos deixo un trociño de versión de Sabina, "Pongamos que hablo de Madrid". Acompañado por José Manuel González "Chopi" (batería), Félix Basanta "Basi" (baixo), e Irene Pardo (teclado). Un pracer.

lunes, 9 de marzo de 2009

UN EMOTIVO 25 ANIVERSARIO

O pasado 28 de febreiro, celebrouse o 25 aniversario do C.E.I.P. de Cervo. Unha data onde se volveron a reecontrar diferentes xeracións que pasaron polo colexio. Mestres/as, alumnos/as, pais , nais e colaboradores foron os grandes protagonistas. Unha xornada que comezaba arredor das catro e media da tarde, cun percorrido arredor do interior do centro. Vendo expsicións de fotos, traballos, libros e anécdotas de todos os anos vitais do centro. Ata que ás cinco e media comezaban as actuacións. As cantareiras da A.C. Airiños do Xunco abrían o espectáculo despois da benvida de Olga Castro, e no que tamén interviron Tomás Mariño facendo un monólogo sobre os seus anos no colexio e provocando así as risas de todos os alí presentes. Xacobo Casal recitando as súas emotivas e sensibles poesías, arrincando así algunha que outra lagrimiña nos asistentes. Chopi, Basi, Irene, Chus e un servidor (Ramiro Chaves), puxemos o toque musical. Tamén interviron actuais alumnos, como presentadores e contando chistes sobre os propios mestres.
O acto rematou cunha mesa redonda dirixida polos inigualables irmáns Felipe, Julio e Antón máis coñecidos como "os caxotos". Un espacio adicado a recordar os tempos de antano do colexio. Onde interviron ex mestres, ex alumnos, pais, membros e ex membros da ANPA do centro e colaboradores. Un día para recordar e telo sempre presente. Gracias a toda esa xente que fixo posible este evento. Onde voltamos atrais no tempo. A continuación pédese ver nas seguintes fotografías diferentes momentos do acto, (cantareiras foto 1, Xacobo Casal foto 2, actuación musical foto 3).

sábado, 7 de marzo de 2009

CON TONTXU no CLAVICÉMBALO (Lugo)

Este venres 6 de marzo cumprín outro dos moitos soños que tiña rondando pola miña cabeza, o poder presenciar en directo un concerto dun dos cantautores máis emblemáticos da música de autor, Tontxu. Co que medrei e pasei gran parte da miña adolescencia escoitando as súas cancións, e das máis destacadas como "treinta y tantos", "Chueca", "Todos dicen te quiero" ou "Para tocar el cielo" Despois de dez anos, volveu a Lugo, á mítica entre as míticas, sala Clavicémbalo, presentar o seu novo disco "En el nombre de padre .
Un reecontro especial coa xente de Lugo. Xa que contou con Andrés Suárez como teloneiro, a que tamén lle produxo o seu primeiro disco "Maneras de romper una ola". Un concerto cheo de sentimento e sensibilidade por parte dos alí presentes e do propio cantautor. Onde despois de cada canción provacaba risas imposibles de conter.
Dende este humilde espacio, noraboa a Tontxu polo concerto. Fíxome destapar algún que outro prexuízo que ultimamente podía ter. Despois de tres anos, volveu a sacar disco. E gracias tamén por poder compartir algunha que outra verba con el despois do concerto. Esa inocente ilusión de cando eres máis novo, de ter a oportunidade de coñecer ou mesmo de ver a un dos iconos da música de autor, onte foi posible. Un auténtico pracer volver a recordar épocas pasadas. Cancións del, que incluso cheguei a tocar e tararear en lugares pouco propicios, como un simple automóbil. Ata outra.
Un saúdo

lunes, 2 de marzo de 2009

CONCERTO no "CASETO DE COPA"

Volvo ó Caseto de Copa. Despois de varios meses, e sen ser en agosto, retorno ó local no que toquei en varias ocasións con Daniel Ara e Chopi´s Band. Será o xoves 19 de marzo ás 23:00 horas da noite. Celebrando así o terceiro aniversario do local. Espero que ese ambiente de verán o revivamos nesta ponte de marzo.
Será un concerto en acústico onde estrearei novos temas e contarei con algunha colaboración especial. Un local ó que lle teño moito que agradecer. Por aturarme día a día. Por deixarme tocar en máis de unha, de dúas e tres veces, e ésta será a primeira en solitario.
Un bo día para celebrar o día do pai, e que mellor que todos xuntos neste concerto. E a parte deste concerto a fin de semana estará cargada de actividades e actuacións. O venres celebrarase festa Brugal e o sábado contará coa actuación do monologuista Pedro Brandariz e o grupo de música tradicional "Clan Maragato".
Un saúdo