martes, 17 de febrero de 2009

CANCIÓN "Ser pequeño"

Aquí vos deixo un novo tema titulado "Ser pequeño", aínda que xa non é tan novo, xa que foi escrito e composto en decembro de 2007. Unha canción curta pero adicada con todo cariño a todos eses rapaces de educación infantil que tiven como alumnos en prácticas naquel entón no C. E.I.P. de Cervo e que me sumerxiron nun mundo totalmente máxico. Nun mundo de soños. Onde me fixeron ver as cousas doutro modo diferente. Para todos eles.
........
Quiero ser un niño,
y estar en un mundo mágico.
Quiero estar a tu lado,
que me cojas siempre en tus brazos
.........
Quiero que vueles conmigo,
a un desierto de caricias.
Y que seas mi guía, que seas siempre mi guía,
el resto de tus días.
.........
Quiero ser pequeño,
no crecer, no crecer jamás.
No quiero despertar, no quiero despertar.
De este sueño.
........
Ramiro Chaves

jueves, 12 de febrero de 2009

CONCERTO NO 25º ANIVERSARIO DO C.E.I.P. de CERVO

O vindeiro 28 de febreiro, en conmemoración do 25º aniversario do C.E.I.P. de Cervo, e despois de case nove anos sen tocar xuntos; José Manuel González Chopi (batería), Félix Basanta Basi (baixo), Irene Pardo (teclado) e un servidor, decidimos que sería unha boa idea actuar no colexio onde nos formamos como persoas e onde pasamos momentos inolvidables da nosa infancia. Será a partir das 17:00 no interior do colexio de Cervo. Non será unha actuación longa, xa que ó longo da tarde tamén están programadas outro tipo de actividades, no que cabe destacar un recital de poesía a cargo do poeta cervense Xacobo Casal e unha mesa redonda onde pode particiar todo aquel/a que o desexe.

A actuación consistirá fundamentalmente entre catro e cinco cancións, na que tamén teremos a colaboración da gran vocalista María Jesús González Chus, no poema de Álvaro Cunqueiro “Quen puidera namorala”. E onde tamén interpretaremos un poema chamado “De amor barro” do anteriortemente citado Xacobo Casal.

Será un día de recordos, de nostalxia de sensibilidade. Un lugar por onde afortunadamente tivemos que pasar. Onde nos ensinaron a aprender. Onde nos formamos como persoas. Onde fixemos os nosos primeiros amigos. Onde rimos, choramos, xogamos e viaxamos. E durante este día volverán a convivir defirentes xeracións do pobo de Cervo e arredores.

E dende aquí, felicitar a toda esa xente que fixo posible este evento. De darnos a posibilidade de poder vivir durante unha horas o que vivimos durante dez anos. Gracias.

Un saúdo

viernes, 6 de febrero de 2009

CONCERTO DE VILLABLINO APRAZADO

Sinto comunicar, que o concerto que estaba programado para este venres día 6 de febreiro, no "Bar Tsugar", de Villablino (León), queda aprazado por mor da neve e o temporal que está afectando a Galicia e ás comunidades autónomas colindantes. A decisión foi tomada polas dúas partes ata última hora. E dende aquí quero pedir disculpas a toda esa xente que tiña pensado ir ó concerto, e por suposto ó Bar Tsugar, a Maribel e a Héctor. Polo momento non está marcada a nova data do conceto, pero en breve comunicareina por medio do blog. Moitas gracias.
Un saúdo Ramiro Chaves