viernes, 28 de diciembre de 2007

CONCERTO NA PONTENOVA


Este sábado 29 de decembro dou un concerto no Bar Puente, A Pontenova. Non é un concerto calquera, xa que comparto escenario co cantautor ferrolán Andrés Suárez, o cal é unha honra para min. Creo que é unha boa forma de despedir o ano que facendo algo que che gusta, e aínda que os nervos perduren en ti, non hai mellor forma que expulsalos mediante cancións e acordes.


Invito a toda a xente que poida acudir a esta cita tan importante para min, xa que non sempre sen ten a sorte e o privilexio de tocar con algúen como Andrés Suárez.


Por outra banda agradecer de antemán a Daniel Moirón e ó Bar Puente por facer posible este concerto. Por darme a oportunidade de compartir escenario cun grande da música de autor. A Félix Basanta "Bassy", por compartir conmigo a todo tipo de material, a José Manuel González "Chopy", por apoiarme en todo momento a dar este paso. A Senén Rouco e a Xacobo Casal por crear este blog. E a todos os que me animaron e animan a comezar neste mundillo. Gracias a todos.

No hay comentarios: