
A actuación consistirá fundamentalmente entre catro e cinco cancións, na que tamén teremos a colaboración da gran vocalista María Jesús González Chus, no poema de Álvaro Cunqueiro “Quen puidera namorala”. E onde tamén interpretaremos un poema chamado “De amor barro” do anteriortemente citado Xacobo Casal.
Será un día de recordos, de nostalxia de sensibilidade. Un lugar por onde afortunadamente tivemos que pasar. Onde nos ensinaron a aprender. Onde nos formamos como persoas. Onde fixemos os nosos primeiros amigos. Onde rimos, choramos, xogamos e viaxamos. E durante este día volverán a convivir defirentes xeracións do pobo de Cervo e arredores.
E dende aquí, felicitar a toda esa xente que fixo posible este evento. De darnos a posibilidade de poder vivir durante unha horas o que vivimos durante dez anos. Gracias.
Un saúdo
No hay comentarios:
Publicar un comentario