jueves, 4 de junio de 2009

CONCERTO NO I FESTIVAL PIZZBUR, Covas (Viveiro).

Moi boas a todos e todas. Despois dun tempo ausente, volvo cargado de enerxía para dar algún que outro concertiño. Este espazo de tempo, sirveume para escribir novos temas e para incluir novas versións na folla en branco que sempre me acompaña, sempre colocada debaixo do atril.
O próximo concerto será o venres 19 de xuño na Cervecería Pizzbur de Covas (Viveiro), concretamente na nova carpa-terraza de verán, a partires das 2o:00 da noite. Será unha noite especial, xa que compartirei escenario con outros artistas, como é o caso do cantautor santiagués Ricardo Parada, e o grupo de Rock viveirense By The Face. Un bo día para darlle a benvida ó verán.
Tamén dende aquí, novamente quero agredecerlle de antemán a amabilidade e toda esa confianza que depositou en min, Leman, gracias novamente. E tamén a Chopi, por estar sempre ahí. Alí vos espero.
Un saúdo

No hay comentarios: