martes, 18 de noviembre de 2008

RECORDOS DE COMPOSTELA

Fai arredor de catro anos, rematei os meus estudos de Animación Turística na capital galega, Santiago de Compostela. Á verdade é que foi un ano como a propia cidade, máxico. A choiva facía que a gran urbe compostelá se convertese en maxia. A auga correndo polas estreitas beirarrúas da zona vella, os soportais transformados en improvisados covertixos para pasar o trámite. As fontes cheas de auga, e os bares costentos protexéndose do caudal con tablas. A lúa iluminando a fachada da catedral.
Alí foi onde me din de conta porque esta cidade é especial. O porque o meu gusto pola música e e actuacións en directo, e pola improvisación. O certo é que a cultura que ten esta cidade non a ten ningunha outra, por iso ven "A cidade da cultura". E co paso do tempo, fun descubrindo novos lares onde poder pasar unha noite de marte ou mércores. E paseando e paseando con amigos pola zona vella atópome co Fuco-Lois, entro, a atópome cun trío que cantaba a Sabina, memorable. E saíndo, en fronte atópome co Fontesequelo. Non tiña nin a menor idea do que podía atopar no seu interior. A incertidume foi superior a min e entrei. E atópome cuns rapaces arxentinos, impresionantes, tocando blues, versións de cantautores latinoamericanos entre outros estilos. Noutras ocasións colliamos a rúa virxe da Cerca, e iamos ó Momo , e alí estaba o inconfundible Ricardo Parada cantando a Sabina e outros cantautores.
Pero non só na zona vella encontraba este tipo de actividades. Xa que os monólogos no Merliño, eran míticos. Porque un simple martes a finais de 2003, enfrente da miña vivenda, había un local con nome de estrada, "N VI". E acompañado por un bo amigo, baixamos aquela rampa pa coller a bifurcación para entrar no local, que caro nos custou pola cantidade de xente alí cogregada. Actuaba cun un tal Andrés Suárez, cun parecido físico considerable a Bustamante. Recordo que soaba moi ben. Podiámoslle pedir todo tipo de cancións, que el tocaba. Á verdade é que aquela actuación marcoume e ó memso tempo motivoume.
Poucos meses despois, outro mércores perdido, acércome ata "Fontesequelo", actuaba Andrés Suárez, hoxe en día un amigo. E resulta que era a súa derradeira actuación naquel entón, pola sinxela razón de que ía grabar o seu primeiro disco "De ida". Polo tanto aquí deixo un pequeno vídeo deste cantautor ferrolán, falando tamén desta pequena vila chamada Compostela.
É moi triste que estas costumes da música en directo se vaian difuminando, na suposta "cidade da cultura".

lunes, 17 de noviembre de 2008

CONCERTO NO "BAR DKADA"

Novamente emprendo un novo camiño. Nesta ocasión e por segunda vez, á cidade do Landro. Será este venres 21 de novembro, a partires das 22:30 (hora aproximada), no novo BAR DKADA, en Covas, Viveiro (na recta de Cantarrana). Un concerto en acústico onde repasarei temas de sempre dos anos 80 e 90, e tamén interpretarei temas propios.
Polo tanto convídovos a dito evento. O calor que me ofrece o público asistente, é un bálsamo de confianza e cariño, alí vos espero.


Un saúdo.

lunes, 10 de noviembre de 2008

UNHA COLABORACIÓN DE LUXO

Hai cousas ás que nunca lles debes dar un "NON" rotundo como resposta, porque sería absurdo. Sería ignorante pola miña parte. Porque tiven a sorte e a honra de recibir por escrito un poema do poeta cervense Xacobo Casal. O prometido é deuda, pero mellor tarde que nunca. E dende aquí quero agradecerlle a Xacobo esta oportunidade que me brinda de ramatar o vestido e este poema.
Unha persoa que dende 1998 non parou de colleitar éxitos no campo da poesía. Gañando os certames que cito a continuación:

-"Premios Literarios da Mariña", 1999.
-"Premios Díaz Jácome de Poesía , 2004 e 2005.
E quedando en segundo lugar nos seguintes certames:

-"Premios Literarios da Mariña", 1998 e 2000.
- "Premio Literario Ánxel Casal" Concello de Santiago de Compostela no ano 2000.
-"Premio Díaz Jácome de Poesía", no ano 2003.
Polo tanto é un orgullo e un luxo poder contar coa colaboración de Xacobo Casal, e espero que pronto este poema se vexa reflexado e escoitado. Porque tamén se trata dun reto para mín de poder porlle música a un poema, e posteriormente de poder cantalo. Simplemente, moitas grazas amigo.

lunes, 3 de noviembre de 2008

PRIMEIRO DE NOVEMBRO

A noite non era a ideal para saír ó exterior. Pero o primeiro de novembro era día de concerto. Día de compartir un espazo común, de intercambiar verbas e emocións. E creo que así foi. A partir da medianoite todo se fixo posible. A choiva e o frío non foi quen de vencernos nesta pequena batalla. Todos colaboramos co noso alento melódico. Porque sen vós todo sería diferente. Xa non sería igual. Porque dende un primeiro momento setinme arroupado por toda esa xente alí presente. A cercanía e a canexión mutua convertéronse nas grandes protagonistas. O calor do público alí presente, fixo que esas case dúas horas pasaran coma dous segundos. Moitas grazas.
Tamén dende este blog, quero agradecer ó KKUET Bar polo trato recibido en todo momento. Por brindarme esta segunda oportunidade. E por suposto, que me esquecín de citalo no concerto, darlle as grazas a José Manuel González "Chopi", por facer que ese son nítido se convertise en maxia para os/as alí presentes. Grazas por estar ahí amigo. Grazas tamén ó meu compañeiro e amigo Ramón González, por atreverse co pequeno reto que lle propuxen, dándolle un toque humorístico ó concerto . Noraboa. E o máis importante, grazas a ese público que me acompañou en todo momento. A eses familiares e amigos que alí estiveron. Grazas por cantar conmigo.

Un saúdo


Ramiro Chaves

martes, 14 de octubre de 2008

PRÓXIMA ESTACIÓN.......KKUET

Despois dun tempo, un tanto ausente, volvo a emprender o camiño. Con gañas de ofrecer algúns dos meus momentos ó longo deste ano. Momentos que transportei a un papel en branco. Verbas de recordo, de nostalxia, de tristeza e ledicia. Verbas ficiticias que a oscuridade me implantou a escribilas.
Polo tanto o vindeiro día 1 de novembro, espérovos no Pub KKUET en Burela, a partir da medianoite. Onde tocarei temas propios e versións de sempre. Onde tamén aproveito para , que dende este humilde rincón, como é este blog, fomentar a música en directo nos locais da nosa zona. Xa sexa música de autor, jazz ou folk. Creo que é moi gratificante escoitar música en directo. Entrar no teu local e ver algo diferente.
Para rematar, espero que respondades como da outra vez, aquel 8 de decembro. Unha data que sempre levarei na miña un memoria. Cada momento vivido, é un momento contado. E esa noite pode ser un bo momento para compartir.
Un saúdo
PD: agradecer de antemán esta nova oportunidade que me brinda o Pub KKUET.

lunes, 29 de septiembre de 2008

META MARCADA

Cando se ten unha necesisidade, na medida do posible, creo que hai satisfacela. Neste caso trátase dunha necesidade a través da palabra.
Uns din que setembro é un mes triste, aburrido. Outros simplemente din que é un mes máis nas nosas vidas. É certo. Afortunadamente temos o pracer de poder vivilo, de contemplalo. Setembro está a piques de rematar. Está chegando ó seu fin, á súa morte momentánea. Pero en realidade, para seren 30 días un tanto particulares, deron para moitas cousas. Unha delas para reflexar nun papel en branco, algo que non soio facer. Plasmar algo que ó mellor nin se cumpre, nin chega ó seu inicio. Plasmar un momento da miña vida, unha meta, que quizais a timidez ou mesmo a ignorancia mo impidira fecer a través da realidade. Porque un momento forma parte do tempo. Un segundo, un só minuto ou mesmo unha hora, dan para moito. Polo tanto a través dunhas verbas naceu, "El momento forma parte del tiempo". Un tema escrito neste mes de setembro é ó que lle teño un importante aprecio. No que hai unha meta marcada, un soño. Pode que non se cumpra nun primeiro momento, incluso tampouco nun segundo. Pero a posibilidade de que se cumpra nun terceiro, quizais sexa maior. O pesimismo é un prezo moi caro que pode pasar factura. O optimismo é gratuito. Como un deserto azul.
A tempestade debe quedar atrais, no olvido. Un novo amencer será o que ilumine o camiño marcado, que me apee na estación correcta. Como un cometa que lle da luz ó meu interior.

miércoles, 3 de septiembre de 2008

HISTORIA DE AMOR EN UN CHAT

Deixando por un momento á parte a melancolía e a sensibilidade, introduzome de cheo no mundo "friki". Pero unha frikada un tanto real. Pola sinxela razón de que está presente nos nosos días. Vive con nós. Historias de amor un tanto particulares peculiares e reais ó mesmo tempo. Amores que nacen e desaparecen a través de internet. Esta maxia internauta que nos permite coñecer novos mundos, e xente diferente. Pois deso trata este tema. Unha parella que se reencontra nun chat. Un amor que nace a través dun teclado de computadora. Unha amor que se transmite a través dunha pantalla. Unha paranoia da realidade. Unha historia de amor en un chat.

Un saúdo.