jueves, 20 de noviembre de 2008
martes, 18 de noviembre de 2008
RECORDOS DE COMPOSTELA
Fai arredor de catro anos, rematei os meus estudos de Animación Turística na capital galega, Santiago de Compostela. Á verdade é que foi un ano como a propia cidade, máxico. A choiva facía que a gran urbe compostelá se convertese en maxia. A auga correndo polas estreitas beirarrúas da zona vella, os soportais transformados en improvisados covertixos para pasar o trámite. As fontes cheas de auga, e os bares costentos protexéndose do caudal con tablas. A lúa iluminando a fachada da catedral.
Alí foi onde me din de conta porque esta cidade é especial. O porque o meu gusto pola música e e actuacións en directo, e pola improvisación. O certo é que a cultura que ten esta cidade non a ten ningunha outra, por iso ven "A cidade da cultura". E co paso do tempo, fun descubrindo novos lares onde poder pasar unha noite de marte ou mércores. E paseando e paseando con amigos pola zona vella atópome co Fuco-Lois, entro, a atópome cun trío que cantaba a Sabina, memorable. E saíndo, en fronte atópome co Fontesequelo. Non tiña nin a menor idea do que podía atopar no seu interior. A incertidume foi superior a min e entrei. E atópome cuns rapaces arxentinos, impresionantes, tocando blues, versións de cantautores latinoamericanos entre outros estilos. Noutras ocasións colliamos a rúa virxe da Cerca, e iamos ó Momo , e alí estaba o inconfundible Ricardo Parada cantando a Sabina e outros cantautores.
Pero non só na zona vella encontraba este tipo de actividades. Xa que os monólogos no Merliño, eran míticos. Porque un simple martes a finais de 2003, enfrente da miña vivenda, había un local con nome de estrada, "N VI". E acompañado por un bo amigo, baixamos aquela rampa pa coller a bifurcación para entrar no local, que caro nos custou pola cantidade de xente alí cogregada. Actuaba cun un tal Andrés Suárez, cun parecido físico considerable a Bustamante. Recordo que soaba moi ben. Podiámoslle pedir todo tipo de cancións, que el tocaba. Á verdade é que aquela actuación marcoume e ó memso tempo motivoume.
Poucos meses despois, outro mércores perdido, acércome ata "Fontesequelo", actuaba Andrés Suárez, hoxe en día un amigo. E resulta que era a súa derradeira actuación naquel entón, pola sinxela razón de que ía grabar o seu primeiro disco "De ida". Polo tanto aquí deixo un pequeno vídeo deste cantautor ferrolán, falando tamén desta pequena vila chamada Compostela.
É moi triste que estas costumes da música en directo se vaian difuminando, na suposta "cidade da cultura".
lunes, 17 de noviembre de 2008
CONCERTO NO "BAR DKADA"

Polo tanto convídovos a dito evento. O calor que me ofrece o público asistente, é un bálsamo de confianza e cariño, alí vos espero.
Un saúdo.
lunes, 10 de noviembre de 2008
UNHA COLABORACIÓN DE LUXO

Unha persoa que dende 1998 non parou de colleitar éxitos no campo da poesía. Gañando os certames que cito a continuación:
-"Premios Literarios da Mariña", 1999.
-"Premios Díaz Jácome de Poesía , 2004 e 2005.
-"Premios Díaz Jácome de Poesía , 2004 e 2005.
E quedando en segundo lugar nos seguintes certames:
-"Premios Literarios da Mariña", 1998 e 2000.
- "Premio Literario Ánxel Casal" Concello de Santiago de Compostela no ano 2000.
-"Premio Díaz Jácome de Poesía", no ano 2003.
Polo tanto é un orgullo e un luxo poder contar coa colaboración de Xacobo Casal, e espero que pronto este poema se vexa reflexado e escoitado. Porque tamén se trata dun reto para mín de poder porlle música a un poema, e posteriormente de poder cantalo. Simplemente, moitas grazas amigo.
lunes, 3 de noviembre de 2008
PRIMEIRO DE NOVEMBRO
Tamén dende este blog, quero agradecer ó KKUET Bar polo trato recibido en todo momento. Por brindarme esta segunda oportunidade. E por suposto, que me esquecín de citalo no concerto, darlle as grazas a José Manuel González "Chopi", por facer que ese son nítido se convertise en maxia para os/as alí presentes. Grazas por estar ahí amigo. Grazas tamén ó meu compañeiro e amigo Ramón González, por atreverse co pequeno reto que lle propuxen, dándolle un toque humorístico ó concerto . Noraboa. E o máis importante, grazas a ese público que me acompañou en todo momento. A eses familiares e amigos que alí estiveron. Grazas por cantar conmigo.
Un saúdo
Ramiro Chaves
martes, 14 de octubre de 2008
PRÓXIMA ESTACIÓN.......KKUET

Polo tanto o vindeiro día 1 de novembro, espérovos no Pub KKUET en Burela, a partir da medianoite. Onde tocarei temas propios e versións de sempre. Onde tamén aproveito para , que dende este humilde rincón, como é este blog, fomentar a música en directo nos locais da nosa zona. Xa sexa música de autor, jazz ou folk. Creo que é moi gratificante escoitar música en directo. Entrar no teu local e ver algo diferente.
Para rematar, espero que respondades como da outra vez, aquel 8 de decembro. Unha data que sempre levarei na miña un memoria. Cada momento vivido, é un momento contado. E esa noite pode ser un bo momento para compartir.
Un saúdo
PD: agradecer de antemán esta nova oportunidade que me brinda o Pub KKUET.
lunes, 29 de septiembre de 2008
META MARCADA

Uns din que setembro é un mes triste, aburrido. Outros simplemente din que é un mes máis nas nosas vidas. É certo. Afortunadamente temos o pracer de poder vivilo, de contemplalo. Setembro está a piques de rematar. Está chegando ó seu fin, á súa morte momentánea. Pero en realidade, para seren 30 días un tanto particulares, deron para moitas cousas. Unha delas para reflexar nun papel en branco, algo que non soio facer. Plasmar algo que ó mellor nin se cumpre, nin chega ó seu inicio. Plasmar un momento da miña vida, unha meta, que quizais a timidez ou mesmo a ignorancia mo impidira fecer a través da realidade. Porque un momento forma parte do tempo. Un segundo, un só minuto ou mesmo unha hora, dan para moito. Polo tanto a través dunhas verbas naceu, "El momento forma parte del tiempo". Un tema escrito neste mes de setembro é ó que lle teño un importante aprecio. No que hai unha meta marcada, un soño. Pode que non se cumpra nun primeiro momento, incluso tampouco nun segundo. Pero a posibilidade de que se cumpra nun terceiro, quizais sexa maior. O pesimismo é un prezo moi caro que pode pasar factura. O optimismo é gratuito. Como un deserto azul.
A tempestade debe quedar atrais, no olvido. Un novo amencer será o que ilumine o camiño marcado, que me apee na estación correcta. Como un cometa que lle da luz ó meu interior.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)