Este tema, cantado nas veladas de teatro EXPRESS-arte, vai adicado a tódolos nenos e nenas de EDUCACIÓN INFANTIL do C.E.I.P. de Cervo. Por facerme disfrutar. Por deixarme entrar nese universo de soños. Por brindarme esa maxia que levan dentro das súas almas. Dinme conta que non hai cousa máis fermosa no mundo como ser un neno. Pra todos eles estas verbas. Unha aperta.
viernes, 29 de agosto de 2008
lunes, 11 de agosto de 2008
VOLVEMOS ó "CASETO DE COPA"


Un ano máis, e nunha noite de agosto en Cervo, o Café-Pub "Caseto de Copa"; alvergará unha noite máxica. Onde a música e o disfrute serán os grandes protagonistas. Nesta ocasión o venres 22 de agosto (previo día á XXX Queimada Popular) a partir das 0:00 da noite e en dito local, haberá concerto dobre. Nun primeiro pase actuarán un ano máis os cantautores Daniel Ara e Ramiro Chaves; con algún que outro invitado. Posteriormente e como prato forte, actuará o cantautor ferrolán Andrés Suárez, presentando así o seu novo disco "Maneras de romper una ola", sendo a terceira vez que visita o pobo cervense e dos que ten moi bos recordos. Unha persoa que ven de dar a coñecer o seu traballo por toda España (Canarias, Madrid, Cataluña ou Andalucía). E que volve a Cervo, nunha noite do mes de agosto.
Polo tanto amigos/as, espero a vosa presenza. Unha noite no mes de agosto en Cervo, é dificil de esquecer. Grazas.
Un saúdo
jueves, 7 de agosto de 2008
"POR QUÉ TE VAS", Cervo
Este tema "Por qué te vas", que cantei nas veladas de teatro, EXPRESS-arte, o pasado xoves 31 de xullo, son unhas verbas que lle adiquei con todo o meu cariño e recordo ó meu avó. Alguén que xa non está preto de min. Sempre estarás na miña memoria.
lunes, 28 de julio de 2008
CONCERTO NAS VELADAS DE TEATRO
Este xoves día 31 de xullo a partir das 21:30, un tren que apéame en Cervo, na Praza do Souto. Un tren que me brinda a oportunidade de tocar e cantar en solitario, no meu pobo. Un día no que podo amosar letras e acordes que ata o momento non fixen. Cancións que nunca interpretei. E espero que neses quince minutos que vou estar encima do céntrico escenario cervense, sexan do agrado de toda a xente presente.
Neste día, tocarei aproximadamente catro temas propios, que foron escritos ó longo deste ano. Cancións de recordo, cancións de vivencias propias que nunca esquecerei, cancións de amor. Porque como dixo no seu momento un dos meus cantautores por excelencia, "Alguén que escribe cancións, o amor sempre está presente".
Polo tanto amigos, alí vos espero, o xoves 31 de xullo na Praza do Souto en Cervo. Un saúdo
Grazas e parabéns para toda esa xente que tivo esta idea e esta iniciativa.
domingo, 6 de julio de 2008
EXPRESS-ARTE

No ano do seu décimo aniversario, o grupo de teatro O Bordelo, coñecedor das dificultades e das poucas oportunidades que atopan na Mariña aquelas personas creativas para dar a coñecer os seus traballos ,decidiu abrir unha pequena ventá chamada EXPRESS-arte que se rexirá polas seguintes BASES:
1.- Poderán participar de xeito individual ou colectivo
aquelas personas que desexen amosar o seu traballo
artístico-creativo.
2.- O tempo máximo concedido será de 15 minutos.
3.- As actuacións serán os días 30 e 31 de Xullo e os días 1
2 e 3 de Agosto na Praza do Souto de Cervo, no
escenario habilitado para as VIII VELADAS NO
SOUTO, antes das representacións teatrais establecidas.
4.- Para inscribirse : chamar os teléfonos de contacto deste
blog ou escribir un e-mail a: franpigon@gmail.com
5.- Existirá unha comisión encargada de seleccionar os
espectáculos.
6.- A organización encárgarase dos preparativos necesarios .
lunes, 16 de junio de 2008
QUEN PUIDERA NAMORALA
Aquí vos deixo un vídeo da nosa querida e apreciada terra como é Galicia. Ó mesmo tempo vai acompañado dun fermoso poema de Álvaro Cunqueiro, interpretado por Luis Emilio Batallán, "quen puidera namorala". Creo que a canción galega está un pouco en decadencia dende fai uns anos. E nunca está demais recuperala pouco a pouco. Espero que vos guste, e algún/a lle entre a morriña.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)