lunes, 15 de diciembre de 2008

...A JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ "Chopi"


O pasado sábado 13 de decembro estiven no KKUET Bar, en Burela; celebrando así o 2º aniversario do local. E polo tanto, en primeiro lugar volver a agradecer a confianza que depositaron en min para esa data tan sinalada.
En segundo lugar, adícolle este artigo a unha persoa que esta sempre ó meu lado concerto tras concerto. Porque sin el, eu non cumpriría moitas das ilusións que tiña e aínda teño. Pola seguridade que me aporta , pola confianza que teño despositada, pola súa sinceridade e pola gran disposición que ten para calquera proposta que lle fago. Nunca ten un "non" como resposta.

Estou a falar de José Manuel González, máis coñecido por "Chopi". O encargado de que todo soe perfecto. E tamén un gran percusionista, acompañándome nun tema o pasado sábado coa caixa. Gracias amigo por estar sempre ahí, e espero que aínda nos queden moitos quilómetros por percorrer.
con Chopi á caixa


2 comentarios:

Unknown dijo...

GRACIAS RAMI inda que sabes que non fai falla agradecer nada, eu pasoi tan ben coma ti can andamos por ahi e sabes que non me costa nada. Seguro que vai haber moitas máis...
UNHA APERTA!!!!!

Ramiro Chaves dijo...

Que menos tio!!mereces este artigo e moito máis. En serui cho digo. Unha aperta dende Lugo.