viernes, 30 de enero de 2009

"Amor barro", por XACOBO CASAL

Aquí vos deixo o poema escrito polo poeta cervense Xacobo Casal, e no que tiven o pracer de porlle música. Unhas verbas prometidas dende hai un tempo, e que se fixeron realidade. Unhas verbas que sempre que poda interpretarei nos concertos, porque a ocasión o merece. Os soños son para que se cumpran. Gracias amigo.
........
Tremo de amor
de amor barro,
do barro medo
e do medo, a túa forma...
túa forma
onde Deus se contempla.
........
Tremo de amor
de amor, de amor auga,
da auga esperanza
e da esperanza, túa alma...
túa alma
onde o corpo se enreda.
........
Tremo de amor,
de amor, de amor terra,
da terra, nada,
da nada, a miña vida...
a miña vida
cruz onde a esperanza se queima...
luz e soño que ao medo condea.

3 comentarios:

que_me_importa_a_min dijo...

Gracias a ti "champion"!!! Para min foi un pracer concebir un poema para ti, para a túa música...dá gusto escoitar a túa voz recollendo catro emocións soltas que un día espallei por unha folla.
Cando teña un intre e algo de máis luz xa che tentarei xuntar unhas letras máis.

Ánimo e dalle duro...

Xacobo Casal

Ramiro Chaves dijo...

Pois espero que non sexa o primeiro nin o último que escribas. Aínda que a xente me pregunte de que trata e eu poña cara de circunstancia.....mola igual.jejejjej.

un saudo amigo

Ramiro Chaves dijo...

Este poema tamén será interpretado no concerto do sábado 28 de febreiro no 25 Aniversario do C.E.I.P. de Cervo, xunto con Chopi (batería), Basi (baixo),Irene (teclado) e un servidor.